Nesta unidade trasladámonos á época dos grandes descubrimentos, a navegación, os barcos, os exploradores…Resulta moi apropiada para traballar os contidos relacionados cos animais e coas plantas, a paisaxe e a auga, porque durante moito tempo os mariños confiaban na observación da auga, da flora e da fauna para calcular a qué distancia da terra se encontraban.

Pretendemos que alcancen os seguintes logros:

  • Descubrir quen eran os exploradores, que buscaban e que encontraban nas súas viaxes.
  • Coñecer que necesitaban para realizar a súa viaxe en barco.
  • Descubrir lugares diferentes á súa contorna, coas súas plantas, animais,e paisaxes.
  • Identificar algunhas características dos animais,a súa alimentación e a súa forma de reproducirse.

Como sempre o rincón de Aris irase completando coas aportacións dos nenos que nesta unidade poden ser do tipo: mapamundi coa ruta dos exploradores,un timón, unha brúxula, anteollo, gorro de mariñeiro, parche pirata, libros de consulta, …