febrero-001

 

A partir do século XV comezou a utilizarse a carabela, unha embarcación a vela fácil de manexar e con gran capacidade de xiro. Con ela puideron facerse longas viaxes, xa que era resistente á forte oleaxe, as correntes mariñas e os ventos impetuosos de mar aberto.

A carabela, de orixe portuguesa, adoitaba ter dous ou tres mastros e carecía de remos. Ademáis posuía amplas bodegas para almacenar alimentos e mercadorías. Tiña unha única cuberta e unha parte máis elevada na popa, onde se atopaba o camarote do capitán.