Desde antigo, o home móvese, quixo ir dun lugar a outro e chegar cada vez máis lonxe. Para satisfacer as súas necesidades inventou os medios de transpote. No seu afán de ir cada vez máis lonxe e conquistar novos lugares, o ser humano aínda segue inventando…

A época transcendental nos transportes é sen dúbida, A Revolución Industrial.

Ata esa época viaxaremos con Aris e o seu amigo Next. Pretendemos alcanzar os seguintes logros:

  • Descubrir os trazos característicos da Revolución Industrial.
  • Coñecer a evolución dalgúns medios de transporte.
  • Identificar e valorar os medios de comunicación.
  • Descubrir a evolución das novas tecnoloxías.
  • Observar e recoñecer algúns inventos relacionados cos transportes e coas tecnoloxías.