Ontes, 9 de maio, celebramos o día de Santa Luisa e o 400 aniversario do Carisma Vicenciano.

Comenzamos o día coa grabación dun vídeo no que todos os alumnos e alumnas pasábamos unha antorcha dende a Comunidade ata a Igrexa.

Fixemos unha foto todos xuntos no xardín.

A continuación, mentres os de primaria foron a eucaristía, os de infantil tivemos a nosa celebración.

O rematar, de merenda: pan con chocolate e un agasallo conmemorativo deste día.