A introdución básica  á linguaxe da programación na etapa de Educación Infantil estimula o alumnado no desenvolvemento de distintos procesos mentais e habilidades, ademais de darlles a coñecer o uso dunha nova linguaxe, froito da observación das accións que o robot realiza a partir dunha secuencia de ordes dadas. Ao programar, adquírese e desenvólvese unha nova maneira de expresarse e comunicarse.