Cora  trouxo unha figura de  origami e a súa historia.

O origami consiste en crear figuras de obxectos, animais e plantas mediante a dobradura do papel. Este non pode cortarse nin unirse con pegamento.

Este divertimento remóntase ao século VIII, período en que se comezou a importar papel da China ao Xapón.

Inicialmente , as figuras de origami empregábanse como adorno en cerimonias relixiosas. Cos anos, converteuse nun pasatempo habitual da poboación.

Estas son as figuras que fixo Santi.