Coincidindo co día das bibliotecas, o xoves fumos a biblioteca municipal de Lugo.

Alí estábanos esperando a directora , que foi unha das persoas encargadas de acompañarnos durante toda a visita.

Por tratarse dun día especial tivemos unha sorpresa: O mago David, que nos fixo pasar un bo rato.

A continuación subimos á sala infantil onde nos explicaron como recoñecer os libros adecuados á nosa idade, como coidalos, canto tempo os podemos ter na casa,…que actividades organiza a biblioteca todos os venres.

Pero, para todo iso, precisamos ter o carnet, asi que…a ver si nos animamos a facelo.

O pase de diapositivas require JavaScript.