Neste eixe propoñemos un achegamento a México.Un elemento característico da cultura mexicana é “a Catrina”. A Catrina representa o esqueleto humano, esta tradición daranos ocasión para aprender sobre o corpo humano.

En definitiva, o descubrimento da forma de vida e da cultura mexicana permitiranos comparalas cos nosos costumes e reflexionar sobre o corpo humano,e os nosos hábitos de alimentación e o coidado corporal.

Pretendemos alcanzar os seguintes logros:

  • Recoñecer os segmentos corporais e o esqueleto.
  • Coñecer os órganos dos sentidos e as súas función.
  • Clasificar alimentos segundo a súa procedencia: animal/vexetal.
  • Tempo: antes/despois.
  • Orde:primeiro/segundo e último.
  • Cuantificadores: igual/diferente.
  • Orientación no espazo: de fronte/ de costas.
  • Letras “s”, “t”, “d”.
  • Números do 1 ao 5: cantidade e grafía.