Mateo e Martín cunhas Caveiras Garavanceiras.

A Caveira Garavanceira é un dos símbolos máis representativos do Día de Mortos. A súa orixe atópase nos gravados de José Guadalupe Posada, un ilustrador e caricaturista mexicano. O personaxe deuse a coñecer nos xornais por simbolizar os que desexan aparentar ser o que no son.

O muralista Diego Rivera bautizouna como Catrina nun dos seus murais, onde leva o vestido e o sombreiro elegante cos que é coñecida hoxe en día.