O mundo dos animais e das plantas é un aspecto importante no coñecemento e no achegamento cara ao medio natural que temos que propiciar nos nenos. Por tanto, nesta unidade preténdese que os alumnos aprendan a valorar os animais e as plantas porque son seres vivos necesarios e útiles para manter o equilibrio natural.

Para alcanzar esta finalidade propoñemos un achegamento á vida en Kenya. Descubriremos a vida dos masais.

Pretendemos alcanzar os seguintes logros:

  • Descubrir por que medio se desprazan os animais: auga, terra, aire.
  • Coñecer o ciclo vital das plantas, e identificar as partes.
  • Coñecer algún animais en perigo de extinción.
  • Medida: groso/delgado.
  • Cuantificadores: máis que/ menos que.
  • Número 6: cantidade e grafía.
  • Orde: 1º,2º,3º.
  • Operacións: iniciación á suma.O signo “máis” e “igual”.
  • Series: dous elementos e dous atributos.
  • Letras: n, d ,f.

Proposta de actividades:

  • Se hai algún animal na casa colaborar no seu coidado.
  • Plantar una semente de crecemento rápido, coidala, e traer á aula cando xa adquira un tamaño visible.
  • Adoptar hábitos de comportamento do tipo: non berrar, taparse a boca ao tusir, ceder o paso, pedir perdón se molestamos,…
  • Ordenador: manexar o rato. Programa de debuxo Paint.

GRAZAS