Comezaron a chegar as primeiras aportacións para o rincón de Kenya.

Olivia  trouxonos  un mapa onde veñen indicadas todas as viaxes feitas por Moli ,e un colar  imitando os das mulleres masai.

As mulleres masai pasan o tempo libre  facendo colares e adornos usando perlas de todas as cores.

Durante os rituais e as celebracións, os masai deben usar os seus mellores traxes, mentras que as mulleres se atavían con moitos colares, pulseiras e pendientes

As mulleres nos bailes moven as cabezas cara adiante e cara atrás, a vez que seguen o ritmo dos tambores e poden usar ata unha ducia de colares.