O venres celebramos o desfile de entroido con todos os compañeir@s do colexio.

Este ano o fío conductor era “A música”, e os de infantil disfrazámonos de Mozart, e as nosas tutoras da partitura dunha das súas obras máis coñecidas: A frauta máxica.

A mañá comenzou coa biografía de Mozart, e aprendimos que cada persoa ten un don especial. No caso de Mozart ese don era a música .

Continuamos cunha merenda especial : doces de entroido (orellas, filloas,…)

E rematamos caracterizándonos de Mozart para o desfile. As nosas familias xa nos estaban esperando no xardín para ver o desfile…

Moitas grazas a todas as familias por axudarnos a que estes días sean especiais para os nosos peques.