Saída ao museo municipal para visitar a sala de Arte Africana.

A sala 29 do Museo Provincial mostra aos seus visitantes  unha Colección permanente de Arte Africana. Xoán Anllo, con raíces chairegas, percorreu no seu día medio mundo como tradutor das Nacións Unidas, fascinándose pola arte africana e reunindo unha completísima colección de pezas que foron cedidas ao Museo Provincial para a súa exposición pública permanente.