Estamos na Semana Vocacional e son varias as actividades que tiñamos programadas: Comenzamos o sábado coa carreira , de luns a venres os bocadillos solidarios na hora do recreo; O luns o festival da Canción Misioneira.
E hoxe a festa de Santa Luisa, fundadora das Fillas da Caridade. Iniciamos a xornada cunha pequena celebración todos os cursos de infantil, entre todos elaboramos un mural d, e cada nen@ decorou un marcapáxinas coa forma de Santa Luisa.
Aproveito para dar as grazas a todas as familias que colaborades nestas actividades propostas polo colexio, sen vos non serían posibles.