PARÍS

Brais e Noa estiveron a investigar sobre os costumes de Francia: Monumentos típicos, comida tradicional, bandeira, castelos,… e ata persoaxes coñecidos por todos nos como é Tintín.

Na clase fixeron de “profes” para ensinarnos todo o aprendido.

MOITAS GRAZAS A OS DOUS!!!

Advertisements

PARÍS

Aproveitando os días de vacacións, estes compañeir@s traballaron na súa casa sobre o proxecto de París:

  • Olivia fixo unha maqueta preciosa sobre a cidade, e trouxo unha foto da súa viaxe a París.
  • Bruno trouxo fotos dos lugares máisimportantes.
  • Xabier un conto que leeremos .
  • martín unha gorra típica.
  • E por último Carolina, un cadro da Mona Lisa.

Moitas grazas a todos!!!!

 

EIXE 4 :PARIS

Comezamos un novo proxecto:París.

E xa empezaron a chegar as primeiras aportacións:

A torre Eiffel é o edificio máis alto de París. leva o nome do enxeñeiro Gustave Eiffel que foi quen a deseñou.

Este proxecto arquitectónico presentouse en 1888 con motivo da Exposición Universal de Barcelona, pero os organizadores rexeitáronno ao considerar que o edificio non encaixaba coa estética da cidade. Entón se presentou o proxecto na Exposición Universal de París, e gañou.

Aínda que ía ser desmontada ao finalizar a Exposición, a súa antena de gran potencia salvouna da demolición, xa que durante a Primeira Guerra Mundial permitiu interceptar mensaxes inimigos e axudar á vitoria dos aliados.