VÍDEO PROXECTO MASAI

A piques de rematar o proxecto :Os masai; os nen@s da clase quisieron compartir con vosoutros algunhas das cousas aprendidas durante estes días.

Este tipo de actividades aparte de ser moi motivadoras para eles, serve tamén para perder o medo a falar en público, (algo que lles  vai ser moi necesario dentro dalgúns anos)

Espero que disfrutedes  tanto como disfrutaron eles mentres o preparábamos.

Moitas gracias a todos os participantes, e o resto serán os protagonistas do próximo vídeo.

 

APRENDIZAXE COOPERATIVA

Seguimos a avanzar na adquisición da aprendizaxe cooperativa, hoxe aprendimos unha nova estructura”O folio xiratorio”.

Primeiro acordamos cos membros do noso equipo que animal de Kenia nos gustaba.

A continuación o debuxamos

 

ARTE AFRICANA

Saída ao museo municipal para visitar a sala de Arte Africana.

A sala 29 do Museo Provincial mostra aos seus visitantes  unha Colección permanente de Arte Africana. Xoán Anllo, con raíces chairegas, percorreu no seu día medio mundo como tradutor das Nacións Unidas, fascinándose pola arte africana e reunindo unha completísima colección de pezas que foron cedidas ao Museo Provincial para a súa exposición pública permanente.

 

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O venres celebramos na aula o día da muller taballadora.

Ese día, os nen@s trouxeron á clase unha historia ou biografía sobre unha muller famosa: doutora, cantante, pintora, escritora, política…

Na asamblea explicaron aos seus compañeiros a vida desa muller, e logo fixemos un mural con todas as contribucións.

 

 

Ademais traballamos os seguintes vídeos:

 

 

 

ENTROIDO 2019

O venres celebramos o desfile de entroido con todos os compañeir@s do colexio.

Este ano o fío conductor era “A música”, e os de infantil disfrazámonos de Mozart, e as nosas tutoras da partitura dunha das súas obras máis coñecidas: A frauta máxica.

A mañá comenzou coa biografía de Mozart, e aprendimos que cada persoa ten un don especial. No caso de Mozart ese don era a música .

Continuamos cunha merenda especial : doces de entroido (orellas, filloas,…)

E rematamos caracterizándonos de Mozart para o desfile. As nosas familias xa nos estaban esperando no xardín para ver o desfile…

Moitas grazas a todas as familias por axudarnos a que estes días sean especiais para os nosos peques.